Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A17 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C2 C3 C5 C7 C8 O profesor propoñerá exercicios prácticos (como mínimo un por cada bloque temático) para a súa resolución mediante a metodoloxía explicada nas sesións expositivas e na documentación de apoio publicada no moodle da materia; fixando unha data límite para a súa entrega e as condicións nas que dita entrega debe realizarse. 39
Proba de resposta breve A17 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C2 C3 C5 C7 C8 Realizaránse controis teóricos (un por cada bloque temático) de resposta breve ou tipo test, para o cal se utilizará o módulo de probas do moodle da materia. 26
Proba obxectiva A17 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C2 C3 C5 C7 C8 Realizarase un exame final cunha parte teórica (tipo test ou de resposta breve) e práctica (1 ou 2 exercicios similares aos resoltos durante o curso), dita proba realizarase na data fixada polo centro para cada convocatoria. 14
Solución de problemas A17 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C2 C3 C5 C7 C8 O profesor propoñerá a resolución de problemas relacionados cos sistemas EERR (no cal se deseñen e implanten varios sistemas de forma simultánea / hibridación). 21
 
Observacións avaliación

Método de avaliación da materia: Avaliación continua (Curso + Exame final)

Avaliación por curso (65% da cualificación da materia):

    Probas obxectivas teóricas: realizaranse tres controles teóricos (1 por cada bloque temático), que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas (a través da plataforma Moodle) (40% da cualificación obtida por curso).
    Traballos prácticos individuais: Realizaranse un mínimo de tres traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático. Presencial e con indicacións do profesor na aula. (60% da cualificación obtida por curso).

O profesor poderá expor actividades complementarias de recuperación, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas

Exame final (proba obxectiva presencial) (35% da cualificación da materia):

    Exame teórico (exame tipo test e resposta curta, entre 10 e 40 preguntas) supón o 40% da nota da proba obxectiva. Presencial. Nota mínima para aprobar >4
    Exame práctico (propoñerase 1 ou 2 exercicios similares aos traballos prácticos realizados durante o curso)o que supón un 60% da nota da proba obxectiva.Presencial.

A cualificación da materia será a media ponderada da avaliación por curso e da nota do exame final.

Aclaracións relevantes:

Se a cualificación media obtida por curso é superior a 8, o alumno quedará eximido de presentar o exame final, neste caso obterá unha nota máxima de 6,5.

Requisitos para presentar exame final: (incluíndo o caso dos alumnos con dispensa académica) o alumno estará obrigado a presentar as probas teóricas por curso e presentar os traballos individuais nas datas fixadas polo profesor. En caso contrario, a cualificación obtida por curso será NON PRESENETADO.