Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención titorial personalizada sobre cuestións informativas ou puntuais realizarase preferentemente a través do correo electrónico institucional UDC aínda que tamén se poderán utilizar as ferramentas telemáticas institucionais dispoñibles de traballo en equipo como, por exemplo, Microsoft Teams.

Toda a información sobre a materia na modalidade de docencia a distancia (actividades, entregas, avaliación, atención titorial, ...) realizarase a través da plataforma Moodle da materia (Campus Virtual) polo que se recomenda a súa consulta frecuente por parte do alumnado.