Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A16 B1 B2 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B15 B16 B18 B19 B23 C2 C6 Valorarase a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas que se realicen sobre os contidos da materia a través de ferramentas TIC. 20
Traballos tutelados A14 A15 A16 B1 B2 B3 B4 B6 B9 B14 B16 B18 B19 C3 C6 C7 C9 Valorarase a adecuación dos traballos realizados polo alumno aos criterios e orientacións expostos polo profesor. 80
 
Observacións avaliación
Para poder ser cualificado será obrigatoria a entrega en tempo e forma de todos os traballos propostos. As entregas dos traballos realizaranse por vía telemática a través da plataforma Moodle da materia (Campus Virtual).

Os alumnos/as que non entreguen o traballo final da materia na data sinalada serán cualificados como NON PRESENTADOS na avaliación final da Primeira Oportunidade. En ningún caso estableceranse ampliacións de prazo. Para poder ser avaliado é obrigatorio realizar a entrega da proposta previa de traballo en tempo e forma e esta deberá ser aceptada polo profesor da materia.

A entrega do traballo para a avaliación final na Segunda Oportunidade realizarase na aplicación Moodle da materia coas mesmas condicións fixadas para a entrega da Primeira Oportunidade (copia dixital do traballo final en formatos doc/odt e pdf). A data desta entrega comunicarase con antelación por medio da plataforma Moodle e este último prazo será improrrogable.

Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións correspondentes do profesorado responsable da materia.

Ademais da realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas e actividades complementarias que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedementais da materia.

MOI IMPORTANTE: Toda a información sobre os procedementos de avaliación comunicarase a través da plataforma Moodle da materia (campus virtual) polo que se recomenda a consulta frecuente da mesma.

Calquera consulta, aclaración ou incidente relacionado co procedemento de avaliación debe poñerse o máis axiña posible en coñecemento do profesorado responsable da materia.

En todas as entregas e probas deberán seguirse OBRIGATORIAMENTE as indicacións do profesorado responsable da materia.

Implicacións da fraude académica: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota
numérica de 0) na materia na convocatoria correspondente do curso
académico, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria sendo de
aplicación a normativa académica sobre fraude da UDC.