Metodoloxías

Competencias / Resultados |
Descrición

Cualificación

Proba obxectiva |
A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B14 C2 C3 |
Probas obxectivas breves que o profesor poderá propor periodicamente na aula para realización persoal. Serán do tipo exercicios prácticos e/ou cuestións teóricas ou de razoamento.
Os exames das oportunidades oficiais de avaliación son tamén probas obxectivas, dunha duración que será establecida polo Centro no seu calendario. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 |
Utilización de instrumentación e equipos para medicións e avaliacións acústicas e realización de informes. |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A42 A43 A44 A45 A46 B3 B5 B6 B8 B10 |
Realización e informe de casos prácticos ou proxectos mediante ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para a materia ou poidan ser accesibles aos estudantes. |
10 |
Traballos tutelados |
A42 A43 A44 A45 A46 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B16 B21 B22 B23 B24 C2 C3 C5 C7 C8 |
Traballos ou Proxectos de realización individual ou de grupo en desenvolvemento dalgún problema relevante en relación coa materia. |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B16 B21 B22 C5 C7 C8 |
Participación activa en eventos científicos ou de divulgación que se realicen no Máster, na unversidad ou en emprazamentos externos, por exemplo, visitas guiadas de interese científico-técnico. |
10 |
Estudo de casos |
A42 A43 A44 A45 A46 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B14 B16 B21 B22 C5 C7 C8 |
Presentación, discusión, procura de solucións alternativas sobre proxectos, informes, certificacións ou avaliacións acústicas, xa realizados. |
5 |
Solución de problemas |
A42 A43 A44 A45 A46 B3 B6 B8 B9 B10 C3 C5 C7 C8 |
Resolución e exposición polo estudante de exercicios e/ou problemas prácticos relacionados coa materia, cos recursos que se indiquen na materia. |
5 |

Observacións avaliación |

NOTA: As porcentaxes anteriores da aplicación informática da guía, debido ás súas limitacións, son orientativos e aplicaranse con flexibilidade, sempre dentro dos límites mínimos e máximos establecidos na memoria da titulación. Os estudantes serán informados e exporase en Moodle a concreción das actividades e a súa relación coa avaliación con antelación ao comezo da docencia da materia.

O estudante dispón de dúas metodoloxías de avaliación : Avaliación Continua (Ordinaria) e Avaliación Final.

Avaliación Continua:

A condición para ser avaliado nesta modalidade é a esixencia dunha asistencia mínima do 80% a todas as clases. Se non se satisfixo a condición do 80% de asistencia, a avaliación da materia será exclusivamente Final, nas oportunidades de exame oficiais da universidade.

A avaliación continua persegue a avaliación das competencias adquiridas polo estudante mediante a análise dos resultados de diferentes actividades individuais ou de grupo que se programarán ao longo do curso.

As actividades desenvolveranse preferentemente no horario asignado á materia. Aquelas que dependan de recursos externos ou se realicen fose do Centro poderán ser unha excepción, aínda que en calquera caso serán comunicadas con antelación suficiente.

As cualificacións da Avaliación Continua aplicaranse na primeira oportunidade de avaliación da materia. En caso de suspender, o estudante deberá presentarse á Avaliación Final na segunda oportunidade.

Avaliación Final:

Exame teórico-práctico de toda a materia, correspondente coas oportunidades oficiais ordinarias e extraordinarias de avaliación da universidade, nas datas fixadas polo Centro. Poderá constar de probas prácticas e de utilización de recursos experimentais ou de enxeñaría. Alcanza o 100% da cualificación da materia. En primeira oportunidade ordinaria pode presentarse calquera estudante que non siga a Avaliación Continua por motivos recoñecidos pola universidade. En segunda oportunidade e extraordinarias, será a única aplicable.