Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Inglés Técnico [En Extinción] | Código | 670G01037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B9 B13 | Os estudiantes realizarán un proxecto sobre un tema relacionado coa asignatura e unna presentación oral do mismo. | 20 |
Proba mixta | A17 B1 C2 | No exame oficial de maio-xuño, o alumnado realizará unha proba mixta na data anunciada na convocatoria oficial de exames. | 60 |
Proba práctica | A17 B1 C2 | Os estudantes realizarán diversas tarefas prácticas ao longo do semestre. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (proba mixta, proba práctica e traballo tutelado) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. OPORTUNIDADE de XULLO: No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, deberanse repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (40%). O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Atención á DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro. Igualdade de XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |