Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A38 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Realizaranse probas obxectivas durante o curso sobre os contidos dos diferentes Sistemas de Representación. Estas probas terán características similares aos exercicios desenvolvidos nas clases interactivas e servirán para articular un proceso de avaliación continua. 100
 
Observacións avaliación

Considérase obrigatoria a asistencia tanto ás sesións expositivas (TEORÍA) como ás interactivas (PRÁCTICA) polo que o alumnado deberá cumprir uns requisitos de asistencia mínima para poder presentarse ás probas obxectivas. Esta asistencia mínima será do 80%. Calquera incidencia relacionada coa asistencia (causas familiares, laborais, dispensa académica de exención de asistencia, etc.) deberá ser comunicada ao profesorado responsable ao comezo do período de docencia ou no momento no que esta ocorra.

O peso dos diferentes sistemas na cualificación será o seguinte: Sistema Diédrico (40 %), Sistema de Planos Acoutados (20 %), Sistemas Axonométricos (20 %) e Perspectiva Lineal (20 %).

Para avaliar cada sistema de representación, realizaranse probas obxectivas puntuables que se cualificarán sobre 10 puntos cada unha. A cualificación final global por sistema obterase sumando as cualificacións de cada unha delas e dividindo esta suma polo número de probas realizadas para cada sistema. Para que se poida realizar esta media, deberá obterse unha cualificación mínima de 4 puntos na proba que inclúa todos os contidos do sistema correspondente.

Para poder superar a materia por curso, será obrigatorio presentarse a TODAS as probas obxectivas realizadas. O calendario e contido das probas obxectivas comunicarase aos alumnos ao comezo das actividades docentes en cada cuadrimestre.

O alumnado que alcance unha cualificación media global de 5 puntos ou superior en CADA UN DOS SISTEMAS nas probas obxectivas puntuables desenvolvidas durante o curso superará a materia POR CURSO.

O alumnado que non alcance a cualificación mínima global de 5 puntos nalgún dos sistemas deberá presentarse ao Exame Final oficial da materia que se celebrará ao final do 2º cuadrimestre (Primeira Oportunidade - EF1OP) segundo calendario oficial aprobado en Xunta de Escola.

Co fin de favorecer o seguimento da materia na avaliación continua, gardaranse os aprobados nas probas obxectivas puntuables realizadas durante o período de docencia anual POR SISTEMAS COMPLETOS (DIÉDRICO, ACOUTADO, AXONOMETRÍA, PERSPECTIVA). Esta condición considérase vinculada ao curso académico correspondente e, por tanto, estes aprobados gardaranse para a avaliación da Primeira Oportunidade (Maio/Xuño) e para a Segunda Oportunidade (Xullo), pero exclusivamente durante o curso actual e non se manterá esta reserva para cursos posteriores.

Tampouco se gardarán para a Segunda Oportunidade os aprobados parciais por sistema que se puidesen producir no Exame Final correspondente á Primeira Oportunidade (Maio/Xuño).

AVALIACIÓN PRIMEIRA OPORTUNIDADE. Para que o alumnado poida ter unha cualificación de aprobado no exame final da 1ª oportunidade, deberá obter unha cualificación media global de 5 puntos ou superior en CADA UN dos sistemas.

AVALIACIÓN SEGUNDA OPORTUNIDADE. Para que o alumnado poida ter unha cualificación de aprobado no exame final da 2ª oportunidade, deberá obter unha cualificación media global de 5 puntos ou superior na suma das cualificacións obtidas nos diferentes sistemas.

IMPORTANTE. Para poder realizar a media anterior só se poderá ter unha cualificación inferior a 5 puntos nun dos catro sistemas e esta cualificación non poderá ser inferior a 3 puntos. Aos efectos de elaboración de medias, consideraranse exclusivamente as cualificacións obtidas no exame final correspondente.

Unha cualificación inferior a 5 puntos en máis dun sistema daría lugar á cualificación de SUSPENSO na materia na avaliación correspondente á Segunda Oportunidade.

Implicacións da fraude académica. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na materia na convocatoria correspondente do curso académico, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria sendo de aplicación a normativa académica sobre fraude da UDC.