Solución de problemas |
Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Obradoiro |
A docencia interactiva organízase segundo a estrutura de taller, modalidade formativa orientada á aplicación das aprendizaxes adquiridas nas clases teóricas e na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulaciones, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado realiza tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado. |
Portafolios do alumno |
Consiste na recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas (expositivas) e das súas reflexións persoais relativas ao traballo proposto: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas, documentación técnica e apuntes relacionados co desenvolvemento de cada un dos exercicios propostos. |
Análise de fontes documentais |
Para o desenvolvemento material dos traballos, procederase á análise das fontes documentales relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuales, bibliográficos, reportaxes documentales, paneles gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. De forma individual ou nos grupos de taller analízase a documentación dispoñible e amplíase, elaborando unha síntese das distintas fontes documentales. |