| Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
| Asignatura | Expresión Gráfica Arquitectónica II | Código | 670G01117 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Traballos tutelados | O alumnado desenvolverá diferentes traballos ou prácticas específicas referentes ás explicacións dadas, seguindo as diferentes pautas marcadas e controladas polo profesorado. |
| Análise de fontes documentais | Utilización da bibliografía correspondente, básica e complementaria, facilitada. |
| Actividades iniciais | Realización de debuxos a man alzada nos que se plasmen o labor de documentación realizada sobre detalles arquitectónicos da bibliografía correspondente. |
| Portafolios do alumno | No cartafol ou archivador do estudantado iranse clasificando os traballos prácticos por datas. Durante as clases haberá sesións de autoevaluación e de comentarios sobre os ditos traballos, facendo correccións individuais e/ou colectivas, coa finalidade de orientar ao alumnado en canto a calidade de grafismo, aspectos construtivos, de maquetación e presentación. |
| Sesión maxistral | Semanalmente, antes ou a vez que se expoñen os exercicios prácticos que terán que desenvolver o alumnado, realizarase unha presentación oral dos contidos correspondentes, apoiada en medios gráficos. |
| Saídas de campo | Dentro das posibilidades, tentarase algunha visita guiada a unha empresa ou fábrica de recoñecido prestixio, onde o alumnado poderá observar de forma directa cales son os procesos de fabricación dun material ou dun sistema construtivo concreto, así como da súa posterior posta en obra. |