Análise de fontes documentais |
A74 B31 B32 B33 C3 C6 C7 C8 C9 |
UTILIZACIÓN DA BIBLIOGRAFÍA CORRESPONDENTE. |
2 |
Portafolios do alumno |
A74 A76 A77 B32 C1 C6 C9 |
IRANSE GARDANDO TODOS OS TRABALLOS DO ALUMNO NUNHA CARPETA QUE EL MESMO DISEÑARÁ NO COMEZO DO CURSO. TERANSE SESIÓNS PERSOAIS COS ALUMNOS EN TITORÍAS PARA QUE FAGAN AUTOCORRECCIÓNS DOS TRABALLOS. |
2 |
Prácticas de laboratorio |
A61 A77 A78 B32 B33 B34 C1 C3 C6 C7 C9 |
SERVIRÁN ESTAS PRÁCTICAS PARA FACER CORRECCIÓNS DOS EXERCICIOS. |
51 |
Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas, cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas. A docencia da materia de Proxectos Técnicos I baséase nunha metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), suxeitos a un sistema de avaliación continua. 1.- A cualificación dos alumnos ten un soporte definitivo nas prácticas e traballos tutelados dos mesmos, coas porcentaxes de valoración, distintos, que se establecen nos anteriores criterios de avaliación. 2.- As prácticas e traballos tutelados entregados, todas e todos eles obrigatorios, teñen distinto carácter: A.- Entregables avaliables (ao redor do oito prácticas). B.- Selectivas (unha práctica). 3.- A última práctica, composta de dous partes, unha proyectiva e outra valorativa, tendo que superar as dúas; e o resultado final fai media coas outras practicas do curso. Para superar a materia, por curso deberá de cumprirse a condición seguinte: 1.-Ser entregadas todas as prácticas e traballos individuais e cada unha/un delas/es debera ser considerada/o como apta/o. Este criterio tamén é aplicable tanto á Primeira como á Segunda Oportunidade: Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XANEIRO) ou, no seu caso, na data fixada para a Segunda Oportunidade de avaliación (XUÑO-XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións, fixadas nas tutorías correspondentes, do profesor responsable da materia. IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: - Non cumprir co mínimo de asistencia esixido. - Non entregar algún dos traballos propostos. Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas.
|