Obradoiro |
A docencia interactiva organízase segundo a estrutura de taller de proxectos, modalidade formativa orientada á aplicación das aprendizaxes adquiridas nas clases teóricas e na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado. |
Portafolios do alumno |
Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto técnico elaborado: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos. |
Análise de fontes documentais |
Para o desenvolvemento material dos traballos, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. De forma individual ou nos grupos de taller analízase a documentación dispoñible e amplíase, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. |