Para a avaliación da materia esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas como ás interactivas cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas. Calquera incidencia relacionada coa asistencia (causas familiares, laborais, dispensa académica de *exención da asistencia, etc.) deberá ser comunicada ao profesorado responsable ao cometo do periodo de docencia ou no momento en que esta se produzca. A docencia da materia de Proxectos Técnicos II baséase nunha metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), suxeitos a un sistema de avaliación continua e coa obriga de participación activa por parte do alumnado. Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: os alumnos aos que se lles recoñeza este dereito, deberán de seguir mediante o uso das titorías, o desenvolvemento dos proxectos propostos na materia. A entrega dos devanditos traballos, será nas mesmas datas que as previstas para o resto dos alumnos do curso, aínda que se permita unha flexibilización dos mínimos de asistencia. Contémplase a dispénsa académica, a condición de que estea xustificada. Neste caso, o alumno deberá seguir mediante o uso das titorías o desenvolvemento dos proxectos propostos na materia, entregando os traballos nas mesmas datas que as establecidas para o resto dos alumnos do curso. Cada proxecto realizarase de forma individual e consideraranse APTOS aqueles traballos que alcancen unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Para superar a materia é necesario a correcta realización de TODOS os traballos propostos así como o adecuado seguimento dos mesmos na clase de prácticas (taller de proxectos) e nas tutorías.Es indispensable que los trabajos presentados, hayan sido tutelados previamente mediante la realización de tutorías con el profesor.Dada la importancia que para esta asignatura tiene la atención personalizada, esta es rigurosamente obligatoria para el alumno. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia. Para superar a materia POR CURSO o alumno deberase realizar a entrega de TODOS os traballos propostos na forma e prazo sinalados ao comezo do período de docencia e cada un dos traballos deberá ser cualificado como APTO. Os alumnos que non superen a materia por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XUÑO) ou, no seu caso, na data fixada Segunda Oportunidade de avaliación (XULLO). Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións correspondentes do profesor responsable da materia. IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: - Non cumprir co mínimo de asistencia esixido. - Non entregar en tempo e forma algún dos traballos propostos. Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas. |