Temas |
Subtemas |
Tema 01.- |
O traballo e a saúde. Conceptos básicos. Perigo e risco. Os riscos profesionais. Condicións de traballo e factores de risco. Danos e patoloxías derivados do traballo. Accidentes de traballo, enfermidades profesionais e outras patoloxías asociadas. Vixilancia e control da saúde dos traballadores. Sinistralidade laboral no sector da construción. |
Tema 02.- |
A prevención de riscos laborais. Medidas preventivas de eliminación, redución e control de riscos. Definición de riscos xerais e específicos. Riscos ligados ás condicións de seguridade e ao medio ambiente do traballo. A carga do traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral. |
Tema 03.- |
Marco normativo en materia de prevención de riscos laborais. Obrigacións de xestión preventiva das empresas de construción. Deberes e obrigacións de empresarios e traballadores. Xestión da prevención de riscos laborais. Servizos de prevención. Órganos de representación: Delegados de prevención, comité de seguridade e saúde, traballadores designados e asignados. Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo. Recollida de documentación, elaboración e arquivo. |
Tema 04.- |
O plan de prevención de riscos laborais nas empresas. Organización e planificación das actividades industriais de construción. Medidas de acción preventiva: técnicas, organizativas e de procedemento. Proteccións colectivas e equipos de protección individual. Outras medidas complementarias: formación e información dos traballadores. Sinalización de seguridade. Recursos preventivos. |
Tema 05.- |
Riscos hixiénicos. Hixiene industrial na construción. Produtos físicos, químicos e biolóxicos. Residuos de construción e demolición. Contaminantes en cementos, aditivos de morteiros e formigóns, desencofrantes, poliuretanos, asfaltos, limpadores, resinas, pinturas, creosotas e amianto. |
Tema 06.- |
Riscos ergonómicos. Ergonomía laboral. Factores de risco no traballo. Carga física e mental de traballo. Manipulación manual de cargas. Medidas preventivas enfocadas ao traballador. Requisitos ergonómicos de máquinas e ferramentas. Centros, lugares e espazos de traballo. Condicións ambientais en obras e talleres. |
Tema 07.- |
Organización xeral da obra. Implantación de obra. Cerramento, valado e accesos á obra. Instalacións provisionais. Despregamento dos equipos. Oficinas e casetas de obra, locais hixiénico-sanitarios, de reunión e descanso, e comedores. Provisións e talleres a pé de obra. Policía de obra. |
Tema 08.- |
Equipos de traballo, instalacións, ferramentas manuais e máquinas. Seguridade no deseño. Riscos en operación, almacenamento e transporte. Autorización de uso e manuais de instrucións. Maquinaria común utilizada en obra. Medios auxiliares comúns de obra. Estadas e plataformas de traballo. |
Tema 09.- |
Riscos xerais e específicos na construción. Fases de obra e actividades de produción. Disposicións mínimas de seguridade e saúde segundo o convenio colectivo xeneral do sector da construción. |
Tema 10.- |
Traballos con riscos especiais en construción. Traballos con amianto. Risco eléctrico. Soldadura eléctrica e oxiacetilénica. Espazos confinados. |
Tema 11.- |
Planificación e organización da seguridade laboral previas ao comezo das actividades da construción. Análise, identificación e avaliación de riscos laborais. Redacción de Estudos e Plans de seguridade e saúde. Os previsibles traballos posteriores. Traballos de mantemento. |
Tema 12.- |
Planificación e organización da seguridade laboral durante a execución das actividades da construción. Coordinación de seguridade e saúde en fases de proxecto e de execución de obras. Seguridade e prevención de riscos laborais en obras sen proxecto. Seguridade e prevención de riscos laborais en fábricas e talleres da industria da construcción. |
Tema 13.- |
Seguridade contra incendios en edificios, instalacións industriais e obras. Dinámica do lume. Tipos de lume e sistemas de extinción. Equipos de extinción de incendios. Normas xerais de actuación para a prevención de incendios. Plans de actuación. |
Tema 14.- |
Actuacións de rescate en lugares de traballo. Casos de risco grave e inminente, de emerxencia xeral e de ocorrencia de accidente. Procedementos xerais e plans de actuación diante unha situación de emerxencia: Protexer, avisar, socorrer ( P.A.S.). Primeiros auxilios. Cadea de supervivencia. Principios básicos de actuación. |
Tema 15.- |
Emerxencias e evacuación dos edificios en uso e explotación. Norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias, dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia. Plans de autoprotección. |