Seminario |
O traballo de seminario constitúe, xunto ás sesións maxistrais, o elemento central da actividade no aula. Aborda o estudo dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artículos ou capítulos de libros) propostos a alumnas/os.
A actividade do seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra do aula, por parte do alumnado. Por un lado, a lectura previa dos textos. Por outro, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos; dito comentario se realizará, polo tanto, con posterioridade á sesión de seminario. Dos fragmentos propostos ó longo do cuadrimestre, o alumnado deberá entregar dous.
|
Lecturas |
Propoñeranse varios textos de lectura posible. Deles, o alumnado, a título individual, deberá seleccionar un. No aula ofreceranse orientacións de carácter xeral, pero a lectura do texto (libro ou parte de libro) será tarefa do alumnado fóra do aula. Deberá asimilarse o contido do texto, poñéndoo en relación coa temática xeral da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
A avaliación da lectura poderá realizarse ou ben mediante unha proba escrita ou ben mediante a elaboración dun traballo escrito que o alumnado entregará ó docente.
|
Proba mixta |
Realizarase segundo data e hora previstas no calendario oficial de exames.
Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura/discusión nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados no aula, tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios
|