Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Sistema Español de Museos, Arquivos e Bibliotecas | Código | 710521004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A4 A9 B1 | Valorarase o establecemento de conexión lóxicas entre as distintas ideas presentadas, o dominio sobre o tema desenvolto e o mantemento da atención do público. Utilizarase un ton de voz axeito e proxectarase con claridade, tendo unha pronuncia e entonación correctas. A linguaxe utilizada será a apropiada e non se sobrepasará o tempo máximo previsto. O rito da presentación é axeitado e axústase ao contido. Foméntase a participación do público mediante preguntas ou exercicios e respóndese de maneira clara e concisa ás preguntas e comentarios. |
30 |
Traballos tutelados | A3 A13 A14 B4 B5 B8 B9 C3 C7 C9 | Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas do alumnado respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación. Entregarase na data indicada polo profesorado. Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
70 |
Observacións avaliación | |||
Requisitos imprescindibles: -Para superar o traballo tutelado é preciso entregalo na data indicada. -O alumnado que non entregue ou non supere o traballo tutelado, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nas datas dos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) debendo para iso entregar de xeito obrigatorio nesa data o traballo tutelado. -A realización fraudulenta das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. |