Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 B1 C1 C3 Valorarase, no comentario, a análise conceptual do fragmento, a reconstrución da súa estructura discursiva e a contextualización nun marco más amplo (autor; corrente; época; problemática); asimesmo a claridade expresiva e a precisión no uso dos conceptos.

Respecto á cuestión teórica, serán obxecto de valoración: a cantidade e calidade da información recollida na resposta; o enfoque global da mesma; o rigor conceptual e discursivo da exposición; a claridade expresiva.
50
Seminario A1 A3 B1 B5 B9 B12 C1 C3 C9 A cualificación do traballo de seminario, que inclúe a lectura previa polo alumnado dos textos e la elaboración de 2 comentarios (sobre o total dos propostos, un por cada unidade temática), farase do seguinte xeito: dous tercios corresponderán á cualificación dos comentarios, cunha puntuación total máxima de 2 ptos. (1 pto. por cada un dos 2 comentarios) e o tercio restante valorará a asistencia e participación no aula (1 pto. de calificación máxima). 30
Lecturas A1 A3 B1 B5 B9 B12 C1 C3 C9 A cualificación do texto de lectura poderá facerse de dúa maneiras: ou ben mediante unha breve proba escrita, que constará dun breve fragmento extraído do texto correspondente e unha cuestión de alcance xeral sobre o mesmo, ou ben mediante un traballo escrito que ofreza unha síntese e valoración do texto. En calquera de ámbolos dous casos, a cualificación máxima será de 2 ptos.

Valorarase o nivel de comprensión e síntese do texto leído, a conexión establecida entre o seu contido e o conxunto da materia, así como a claridade expresiva e conceptual, e l argumentación da valoración persoal.
20
 
Observacións avaliación

Esquema do reparto da cualificación do alumnado (sobre unha cualificación máxima de 10 ptos.):

a) PROBA MIXTA.- 5 ptos. de cualificación máxima, dos que corresponderán 2.5 ó comentario e outros 2.5 á resposta á cuestión teórica.

b) SEMINARIO.- 3 ptos. de cualificación máxima, dos que corresponderán 2 ptos. ós 2 comentarios entregados (1 pto. por comentario) e 1 pto. á valoración da asistencia e participación nas actividades do aula

c) LECTURA.- 2 ptos. de cualificación máxima. Esa calificación poderá resultar da valoración da proba escrita ou da do traballo escrito.

                               

Na Segunda Oportunidade, mantéñense os criterios anteriores.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente
da UDC
.