Sesión maxistral |
Nestas sesións daránse as claves teóricas e describiránse conceptos básicos para fixar as nocións fundamentais que se precisan para o desenvolvimento do resto das metodoloxías de aprendizaxe.
|
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas fora da aula e no entorno das casa museo de escritores da contorna, e que proporcionarán a observación sistemática e directa da museización ca finalidade de por en relación todos os coñecemntos adquiridos e poder elaborar exitosamente o proxecto de investigación final. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Se propoñen situacións que requiren do estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
No proxecto de investigación amósanse as habilidades logradas nas outras metodoloxías utilizadas e ponse de manifesto a autonomía fronte a aprendizaxe e as capacidades de desenvolvemento dos coñecementos adquiridos nun contexto real.
|