Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Historia dos Arquivos e as Bibliotecas | Código | 710521020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
1. Introdución xeral á historia dos arquivos e das bibliotecas. 2. Primeiras civilizacións I. O antigo Oriente. Sumer e o nacemento da escritura. A gran tradición mesopotámica. O Exipto faraónico. 3. Primeiras civilizacións II. O Extremo Oriente: India, China e Xapón. América precolombina: maias, incas e aztecas. 4. Grecia antiga. O sistema documental do mundo micénico. Democracia ateniense e arquivos. Bibliotecas do helenismo. 5. Antiga Roma. A República: arquivos oficiais e bibliotecas privadas. O Imperio: bibliotecas públicas e privadas. O sistema documental e a súa evolución. 6. A transmisión da cultura clásica: Bizancio, o Islam. 7. O Occidente cristián: arquivos e bibliotecas monásticos. O renacemento carolingio. 8. Novas ordes relixiosas: as súas bibliotecas. Arquivos e bibliotecas catedralicios. As universidades e as súas bibliotecas. 9. As bibliotecas e os arquivos reais. O novo humanismo. As bibliotecas privadas. 10. O advenimiento dos tempos modernos: século XV. Bibliotecas e arquivos reais. 11. Reforma e Contrarreforma: o século XVI. O concilio de Trento e a súa repercusión na publicación de libros e a vida bibliotecaria. O testemuño de Cervantes. O Estado moderno e o arquivo de Estado. Simancas. 12. A época do Barroco: o século XVII. O triunfo das letras vernáculas e a imprenta barroca. A América española: arquivos virreinales e administración de goberno; a formación de bibliotecas: Iglesia e particulares. 13. O século XVIII e a Ilustración. O despotismo ilustrado, os arquivos e as bibliotecas públicas. Sociedades, academias e o papel da prensa. O caso de Francia: a Enciclopedia, o libro francés. 14. A época da Revolución Francesa e as súas consecuencias. Libros, lectores e bibliotecas: liberdade, censura e persecución. Os arquivos no período revolucionario. 15. O século XIX e o novo Estado liberal. Novos formatos e técnicas de impresión. Cara a unha sociedade de lectores: bibliotecas públicas e privadas. Arquivos históricos e administrativos. O nacemento da arquivística. A Library of Congress. 16. O século XX e a consolidación da cultura arquivística e bibliotecaria no mundo occidental. Os arquivos de Europa entre dúas guerras mundiais. Arquivos e democracia. Modelos e exemplos de bibliotecas universitarias europeas. Arquivos e bibliotecas nos Estados Unidos. 17. Historia dos arquivos na España contemporánea. Arquivos estatais, arquivos provinciais e arquivos municipais. Arquivos da Igrexa e particulares. |