Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Organización e Xestión de Arquivos Históricos e Bibliotecas Patrimoniais | Código | 710521022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A7 A8 A9 A15 B3 C1 C2 C6 | Valorarase a resolución do cuestionario respecto do coñecemento dos contidos expostos na sesión maxistral e o coñecemento dos contidos do material proporcionado. O alumnado non poderá utilizar ningún material adicional. | 50 |
Traballos tutelados | A7 A10 A15 B4 B6 C1 C5 C7 C8 | Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto; o contido, con especial interese nas achegas do alumnado respecto ás fontes e á bibliografía utilizada; a coherencia da súa estrutura; a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación. Entregarase na data indicada polo profesorado. Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Requisitos imprescindibles: -Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa. -Para superar o traballo tutelado é preciso entregalo na data indicada. -O alumnado que non entregue ou non supere o traballo tutelado e o cuestionario de avaliación, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais (primeira e segunda oportunidade) dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50 %), non podendo utilizar ningún material adicional e debendo entregar de xeito obrigatorio nesa data o traballo tutelado (cualificación: 50 %). -A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. |