A avaliación terá en conta a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais así como a elaboración dun traballo práctico de descrición dun códice. Ao longo do curso poderán indicarse traballos a realizar sobre bibliografía de lectura obrigatoria. Os traballos deberán ser entregados dentro da dasta límite establecida en cada caso.
Na avaliación dos traballos prácticos terase en conta a calidade do contido, a corrección lingüística, a claridade expositiva e a observación das normas estándar para a elaboración de traballos académicos (citas, bibliografía, etc.).
Na segunda oportunidade o alumno deberá realizar dous traballos asignados polo profesor: ó primeiro deles corresponderálle o 50 % da nota final (coma no caso dos traballos tutelados); ó segundo serálle asignado o 50% restante da nota, é decir, a que corresponde á asistencia ás sesións maxistrais e mais ás lecturas.
Os alumnos que teñan concedida dispensa académica, deberán solicitar unha tutoría presencial co profesor ó comenzo do cuatrimestre para establecer un calendario de tutorías e de actividades a desenvolver. Os traballos tutelados e lecturas que lles sexan asignados serán cualificados polo profesor e corresponderalles, respectivamente, o 50% e o 20% da nota final. Para compensar o restante 30 %, é decir, o equivalente á asistencia ás sesións maxistrais, os alumnos con dispensa académica deberán levar a cabo un traballo específico determinado previamente polo profesor. Na segunda oportunidade o sistema será idéntico ó dos alumnos sen dispensa académica, é decir, dous traballos a razón do 50 % da nota para cada un deles.