Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O profesor, unha vez que o alumno coñeza a asignatura, solicitará ao alumno que lle indique sobre qué institución desexa levar a cabo un traballo. Con isto buscase que sexa o interese o principal móbil da tarea que vaise levar a cabo, e non unha imposición unilateral por parte do profesor. Unha vez determinado o tema, o profesor facilitará ao alumno unha bibliografía inicial e básica para que comece a súa labor. Durante o proceso de redacción e investigación, o alumno deberá dar conta ao profesor dos avances ou obstáculos que atope.