Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B2 B5 C3 Contará o número de acertos e erros. 30
Estudo de casos A1 A3 A7 C3 C8 C9 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
Será imprescindible acordar o tema coa profesora dentro do prazo establecido a tal fin.
Poderá requirirse a súa exposición na clase.
60
Presentación oral B10 C8 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio relación cos estudos de casos. 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 nas probas de resposta múltiple e nos estudos de casos, de non ser así a nota global da materia non será superior aun 4,9. Non se avaliarán traballos entregados fora de prazo ou non consensuados coa profesora previamente cando sexa preciso. Unha vez realizada unha das probas de resposta múltiple ou un dos estudos de casos, se as restantes entregas da metodoloxía non se entregan nos plazos establecidos cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. Se non se participa en ningunha das probas de resposta múltiple ou non se entrega, a lo menos, un dos estudos de casos a cualificación será de non presentado (N. P.).

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Realizarase unha proba mixta (exame) co valor do 40% e entregaránse os estudos de casos (60%). Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade, polo que os alumnos poderán recuperarán só o exame (se a media das probas de resposta múltiple non chega ao 5) ou só os estudos de casos concretos que teña suspensos ou non presentados. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio consensuar coa docente previamente o tema dos estudos de casos, se non se fixo durante o curso, como mínimo un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade. Será obrigatorio presentar os estudos de caso como mínimo 15 días antes da data fixada para o exame pola Facultade. Para presentarse ao exame, é requisito imprescindible ter presentado previamente os estudos de casos. De non concurrir ó exame ou non participar, a lo menos, cunha das actividades dos estudos de casos, a cualificación será de non presentado (N. P.).


ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado.

Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso as probas de resposta múltiple o valor do 40%. Na segunda oportunidade, non haberá diferencias no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.