Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da Cultura e do Patrimonio | Código | 710G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Sesión maxistral | Sesións expositivas complementadas con material auodiovisual que serán abertas e participativas e están deseñadas para explicar, desenvolver e comentar os contidos teóricos que presentan maior dificultade para comprender, incidir nos aspectos básicos e máis relevantes, actualizar convenientemente os contidos, aclarar dúbidas e complementar a información que os estudantes obteñen directamente das lecturas recomendadas. |
Lecturas | Lectura e análise por parte do alumnado do conxunto de textos e documentación fundamental que se sinalan como bibliografía básica e fonte para afondar nos contidos traballados. |
Discusión dirixida | Técnica de dinámica de grupos a través da cal se levarán a cabo debates na aula nos que se discutirán e analizarán de forma libre, informal e espontánea determinados temas motivando o diálogo e a retroalimentación co alumnado así como a capacidade de comunicación oral e a reflexión crítica. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Portafolios do alumno | É un cartafol físico ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no marco da asignatura, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc |
Presentación oral | Exposición oral a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |