Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A25 A26 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 B16 C1 C4 C5 C6 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto as fontes e bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
Portafolios do alumno A20 B5 B10 B11 C2 C3 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.

20
Proba de resposta múltiple A19 A23 A25 B3 B6 C4 Avaliaranse as respostas das preguntas tipo test dos contidos da materia. No caso das respostas breves avaliarase a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas e a súa redacción, e non se corrixirán aquelas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten o tema exposto. 30
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario
aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da
mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle
avaliarán o resto de actividades e viceversa. 

-Os alumnos que non
entreguen o portafolios durante o curso e os alumnos con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia realizarán unha proba final escrita dos contidos teóricos e
prácticos da materia (cualificación: 50%) pero é indispensable elaborar o
traballo tutelado para superar a materia (cualificación: 50%).