Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A7 A8 B2 B7 C2 C5 C7 C8 C9 C10 C11 C12 C15 C16 C17 C18 C20 Realizarase un traballo de investigación que consistirá na elaboración dunha proposta de estudo de fontes de información en ciencia e tecnoloxía 100
 
Observacións avaliación

-As orientacións do traballo publicaranse en Moodle. Os traballos deben ser orixinais e coidar o sistema de citas e referencias. 

-Primeira e segunda oportunidade: mesma metodoloxía de avaliación. 

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.