Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C7 C10 C11 C15 C20 Memoria final de prácticas. Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
Prácticas de laboratorio A2 A5 A6 A7 B8 B9 C2 C3 C4 C5 C9 C12 C13 C14 C16 C17 C18 C19 Informes do/a titor/a do centro no que se realicen as prácticas. 50
 
Observacións avaliación

-A avaliación das prácticas queda regulada polo establecido nos artigos 13, 14 e 15 do Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos/das estudantes universitarios/as:


"El tutor de la entidad colaboradora realizará y remitirá al tutor académico de la universidad un informe final, a la conclusión de las prácticas, que recogerá el número de horas realizadas por el estudiante y en el cual podrá valorar los aspectos referidos, en su caso, tanto a las competencias genéricas como a las específicas, previstas en el correspondiente proyecto formativo".


“El estudiante elaborará y hará entrega al tutor académico de la universidad una memoria final, a la conclusión de las prácticas".


"El tutor académico de la universidad evaluará las prácticas desarrolladas de conformidad con los procedimientos que establezca la universidad, cumplimentando el correspondiente informe de valoración".


-A elaboración e entrega da memoria axustarase ás pautas formais e de contido indicadas pola profesora, así como aos prazos establecidos. 


-Requisitos imprescindibles:


--Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o traballo tutelado non se lle avaliarán as prácticas e viceversa. 

--A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

NOTA: segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención na clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.