Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda | Código | 710G03018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Para familiarizarse cos estudos de caso presentados por profesionais da materia, os estudantes tamén deben asistir a actividades prácticas complementarias (conferencias, seminarios, talleres, etc.). Deberían reflexionar sobre o contido e producir unha análise, que será sometida a avaliación. |
Lecturas | Para complementar as conferencias, facilitaranse análises, textos e lecturas e / ou tarefas prácticas baseadas nunha variedade de temas. Os estudantes deben traballar en grupo para responder a preguntas establecidas. |
Proba de resposta múltiple | Proba individual ou proba de elección múltiple. As respostas incorrectas penalizarán a nota da proba. |
Sesión maxistral | Os contidos do programa teórico da materia presentaranse en sesións maxistrais. As diapositivas e resto de recursos empregados poranse a disposición dos/das estudantes no campus virtual. A asistencia presencial e individual ás sesións expositivas poderá ser controlada aleatoriamente. |
Presentación oral | Nas sesións interactivas, os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo. Os proxectos serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria. Só se calificará aos membros dos equipos que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula na data e hora asignadas. Controlarase aleatoriamente a asistencia presencial individual ás sesións interactivas. |