Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda | Código | 710G03018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 | Un 10% da calificación obtida a partir da asistencia e/ou participación individual en tódalas sesións, tanto expositivas como interactivas, da materia, incluidas todas as presentacións de proxectos prácticos e os seminarios/conferencias invitados. Esta participación poderá controlarse aleatoriamente. | 10 |
Proba de resposta múltiple | B1 B5 B9 C6 C9 | Realizaráse un examen tipo test, que poderá ser administrado vía Campus Virtual na aula, onde solo unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas. É estrictamente necesario aprobar o examen (esto é, obter unha calificación igual ou superior a 5,00 nunha escala de 0-10) para aprobar a materia. Son materia de examen todos os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións teórico-prácticas e nas sesións prácticas; tanto individuáis como de presentación e discusión de proxectos de equipo. Os contidos de todos os proxectos prácticos en equipo serán polo tanto avaliables. É importante que o estudantado aborde o estudo individual dos contidos apoiándose en todos os materiais dispoñibles no campus virtual e nas notas tomadas na aula para a mellor comprensión dos exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos. É importante complementar esos materiais coa revisión individual polo estudantado das fontes de información recomendadas. |
60 |
Presentación oral | B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 | Os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo. O obxectivo do proxecto é que os estudantes aprendan a tomar decisións e a sopesar a repercusión que tales decisións xeran nun contexto de cadea de valor sostible, desde unha perspectiva de análise 360º, e para cada un dos eslabóns da cadea e a relación de stakeholders implicados. O proxecto práctico poderá versar sobre casos prácticos ou lecturas recomendadas, complementados por bibliografía e webgrafia relevantes. Só se cualificará aos membros do equipo que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula.Todo o alumnado dun mesmo equipo de traballo obterá a mesma calificación. Os proxectos (e os seus avances) serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións de avaliación: está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles, reloxos intelixentes, etc.). 2. Identificación do estudantado: o estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACIÓN 1. CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO Corresponde ó alumnado cando solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE Para o estudantadomatriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final. C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE O sistema e datas oficiais de avaliación aplicaránse a todos o estudantado da materia, incluidos estudantado Erasmus e de intercambio. No caso do estudantado non presentado ou suspenso na primeira oportunidade (suspensos= cualificación final < 5,00), ben por insuficiente cualificación na avaliación continua ou por ter suspendido o exame de test -non é posible ir á segunda oportunidade para subir a nota da primeira-), para a segunda oportunidade elixirase a mellor das seguintes 2 cualificacións como cualificación final: a) Cualificación final = 100% da cualificación do exame de test de 2ª oportunidade, b) Cualificación final = suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (primeira oportunidade: 30% + 10%) e no exame de test da 2ª oportunidade (60%) sempre e cando a cualificación obtida no exame sexa igual ou superior a 5,00. En ambos casos solo será aprobado o estudantado que obteñan unha cualificación final igual ou superior a 5,00. 2. CONVOCATORIA ADIANTADA As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final. D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN Os estudantado que suspendan a proba de resposta múltiple recibirán a cualificación do examen como cualificación final en todas as oportunidades. As calificacións obtidas polo estudantado na avaliación continua como resultado dos proxectos prácticos en equipo (30%) e a asistencia individual (10%) serán válidas solo durante o curso académico en cuestión. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. |