Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Un 10% da calificación obtida a partir da asistencia e/ou participación individual en tódalas sesións, tanto expositivas como interactivas, da materia, incluidas todas as presentacións de proxectos prácticos e os seminarios/conferencias invitados. Esta participación poderá controlarse aleatoriamente. 10
Proba de resposta múltiple B1 B5 B9 C6 C9 Realizaráse un examen tipo test, que poderá ser administrado vía Campus Virtual na aula, onde solo unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas. É estrictamente necesario aprobar o examen (esto é, obter unha calificación igual ou superior a 5,00 nunha escala de 0-10) para aprobar a materia.

Son materia de examen todos os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións teórico-prácticas e nas sesións prácticas; tanto individuáis como de presentación e discusión de proxectos de equipo. Os contidos de todos os proxectos prácticos en equipo serán polo tanto avaliables.

É importante que o estudantado aborde o estudo individual dos contidos apoiándose en todos os materiais dispoñibles no campus virtual e nas notas tomadas na aula para a mellor comprensión dos exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos.

É importante complementar esos materiais coa revisión individual polo estudantado das fontes de información recomendadas.
60
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo.

O obxectivo do proxecto é que os estudantes aprendan a tomar decisións e a sopesar a repercusión que tales decisións xeran nun contexto de cadea de valor sostible, desde unha perspectiva de análise 360º, e para cada un dos eslabóns da cadea e a relación de stakeholders implicados.

O proxecto práctico poderá versar sobre casos prácticos ou lecturas recomendadas, complementados por bibliografía e webgrafia relevantes. Só se cualificará aos membros do equipo que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula.Todo o alumnado dun mesmo equipo de traballo obterá a mesma calificación.

Os proxectos (e os seus avances) serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria.

30
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións de avaliación: está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles, reloxos intelixentes, etc.).

2. Identificación do estudantado: o estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa vixente.

B) TIPOS DE CALIFICACIÓN

1. CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

Corresponde ó alumnado cando solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE

ASISTENCIA

Para o estudantadomatriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final.

C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

1. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE

O sistema e datas oficiais de avaliación aplicaránse a todos o estudantado da materia, incluidos estudantado Erasmus e de intercambio.

No caso do estudantado non presentado ou suspenso na primeira oportunidade (suspensos= cualificación final < 5,00), ben por insuficiente cualificación na avaliación continua ou por ter suspendido o exame de test -non é posible ir á segunda oportunidade para subir a nota da primeira-), para a segunda oportunidade elixirase a mellor das seguintes 2 cualificacións como cualificación final:

a) Cualificación final = 100% da cualificación do exame de test de 2ª oportunidade,

b) Cualificación final = suma das puntuacións obtidas na  avaliación continua (primeira oportunidade: 30% + 10%) e no exame de test da 2ª oportunidade (60%) sempre e cando a cualificación obtida no exame sexa igual ou superior a 5,00. 

En ambos casos solo será aprobado o estudantado que obteñan unha cualificación final igual ou superior a 5,00.

2. CONVOCATORIA ADIANTADA

As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final.

D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN

Os estudantado que suspendan a proba de resposta múltiple recibirán a cualificación do examen como cualificación final en todas as oportunidades.

As calificacións obtidas polo estudantado na avaliación continua como resultado dos proxectos prácticos en equipo (30%) e a asistencia individual (10%) serán válidas solo durante o curso académico en cuestión.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.