Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A5 B9 C3 C5 C7 C8 Por grupos, os alumnos deberán presentar un proxecto. Este se desenvolverá tanto na clase práctica como fora de ela (traballo autónomo). Este deberá respetar os criterios de avaliación socializados na clase.
O trabajo supón un 40% da calificación final. Todos os miembros do grupo obterán a mesma puntaxe. Para superar o traballo práctico, débese acumular unha puntaxe igual ou superior a 2,5 puntos sobre 5, resultante da suma do traballo escrito (40%) e a súa su presentación oral (10%).
40
Presentación oral A8 B1 B2 B3 B4 B6 B8 C1 C3 C4 C7 C8 C9 Todos os membros do grupo deberán presentar oralmente o proxecto de evaluación continua. Na parte oral, os alumnos deberán defender adecuadamente os principais puntos do traballo e demostrar coñecemento do tema, así como responder correctamente ás preguntas formuladas polo el docente.
A avaliación será individual na parte da oratoria. A calificación máxima será de 1 punto.
10
Proba de resposta múltiple A1 A8 Proba individual de elección múltiple cunha soa resposta correcta. As respostas incorrectas penalizarán.
Tódolos materiais e contidos impartidos a tratados na aula, xa sea virtual como presencialmente, poderán formar parte das preguntas do exame. O exame, de carácter individual, deberá prepararse empregando todos os materiais na plataforma virtual, é dicir, non só facer uso das diapositivas senón tamén das lecturas, materiais audiovisuais e notas que se tomen na aula.
50
 
Observacións avaliación

NORMATIVA

Todos os aspectos relacionados coa "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e"fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académicavixente da UDC. 


TIPOS DECALIFICACIÓN 
a) CALIFICACIÓNDE NON PRESENTADO Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades deavaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificaciónfinal, con independencia da cualificación alcanzada. 

b) ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA 
Os alumnos con "dispensa académica deexención de asistencia" requeriráselles unha presentación oral (10% dapuntuación), un traballo escrito final (40% da puntuación) e un exame (50% dapuntuación). O traballo práctico deberá traballarse de forma autónoma. Os alumnos con dispensa poderán defender oralmente o seu proxecto de forma en liña se así o solicitan. Para superar a asignatura deberá acadarse no exame final un mínimo de 2,5 puntos sobre 5, así como na parte práctica (presentación oral e traballo escrito) un mínimo de 2,5 puntos sobre 5. A nota final será a suma de ambas partes. 

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 
a.PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE 
Para aprobar a materia os alumnos deberán aprobar tanto o exame final coma o traballo final cun mínimo de 2,5 sobre 5 para cada unha das partes mencionadas. O mínimo para aprobar é de 5 puntos resultante da sumadas dúas partes. No caso de suspender algunha das dúas partes, na acta reflectirase a nota da parte suspensa avaliada aplicando unha escala de 0 a 10. No caso de suspender as dúas partes, na acta reflectirase aquela con maior puntuación nunha escala de 0 a 10. 
O sistema e as datas oficiais de avaliación aplicaranse a todo o estudantado da materia, incluíndo estudantado Erasmus e de intercambio. Os alumnos que superaron a materia non poderán acudir á segunda oportunidade para subir nota. Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira. Quen non superara a materia na primeira oportunidade deberá rexer polos seguintes criterios: 
a) Aprobado o proxecto e suspenso o exame. Os alumnos deberán repetir o exame(50% da nota). Estes alumnos poderán presentar novamente o proxecto, doutro xeito, manterase a nota obtida na primeira oportunidade. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. 
b) Suspenso o proxecto e aprobado o exame. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. Os estudantes poderán repetir o exame (50% da nota), doutro xeito, manterase anota obtida na primeira oportunidade. 
c) Suspenso o proxecto e o exame. Deberán repetirse ambas as partes. O proxecto para entregar na segunda oportunidade deberá respectar os contidos demandados na primeira oportunidade e non será defendido oralmente. O peso ponderado do proxecto será do 50%. O do exame será do 50%.

Para a oportunidade adiantada, a avaliación será un exame tipo test (proba obxectiva de resposta
múltiple) (100% nota) con varias alternativas de resposta, onde os erros penalizarán.