Metodoloxías Descrición
Presentación oral Os alumnos realizarán diferentes presentacións orais ao longo do curso que serán evaluables.
Traballos tutelados Nos traballos tutelados os alumnos recibirán instrucións por parte do docente para guiar o traballo práctico. Deberán elaborar, por grupos, diversos traballos que serán desarrollados tanto na aula (sesión interactiva) como fora dela (traballo autónomo) e a súa evidencia será a súa presentación por escrito ao longo de diversas entregas durante o curso.
Proba de resposta múltiple Exame test de resposta múltiple onde tan só unha opción é a correcta. As respostas incorrectas penalizarán.
Aprendizaxe servizo Os alumnos, de forma voluntaria, poderán realizar unha APS mediante a creación dun proxecto tutelado desde unha perspectiva social. Non existe diferenza entre as entregas e criterios de avaliación entre o proxecto solicitado baixo a metodoloxía "traballo tutelado" e o APS. A actividade de "aprendizaxe-servicio" e a actividade de "traballos tutelados" son excluíntes, polo que os alumnos deberán elixir entre realizados unha ou outra actividade.
Sesión maxistral Explicación na clase dos temas con apoio de transparencias e medios audiovisuais. Valorarase a participación activa do alumnado.