Lecturas |
Lecturas sobre diferentes temáticas para abordar e/ou profundar nas cuestións abordadas na aula. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía pensada para favorecer o traballo en equipo e a aprendizaxe autónoma, baixo a orientación do profesorado e en escenarios variados (académicos, profesionais e/ou COIL - Collaborative International Online Learning). Supón a realización dun ou varios proxectos en grupo e unha presentación final. O contido e as características destes traballos daranse a coñecer ao alumnado nas primeiras sesións de clase. |
Sesión maxistral |
Presentación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e da introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa fin de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
|
Estudo de casos |
Resolución, individual ou en grupo, dos casos propostos. Estes casos iranse detallando ao longo do curso, conforme ao plan de traballo. |