Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Fundamentos da Información e a Documentación | Código | 710G04001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba mixta | Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia. |
Sesión maxistral | Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas. |
Traballos tutelados | Conxunto de traballos dos alumnos que implicarán a aplicación teórica e práctica dos contidos da materia. Entregaranse no prazo ou prazos estipulados polas docentes. Recibirán orientación e seguemento en grupo na aula e precisarán de traballo autónomo por parte do alumnado. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Dependendo do caso, as tarefas realizaranse de xeito individual ou precisarán consensuar o tema sobre o que se traballe coa docente dentro do plazo que se estableza a tal fin. |
Seminario | Reunións con expertos que nos axudarán a profundar sobre temas en relación cos contidos da materia. Implicará a visita á aula dos especialistas ou saídas de campo, ás que será obrigatoria a asistencia. Requirirase un resumo da actividade e realizarase unha posta en común mediante a reflexión conxunta na clase, da que extraeranse conclusións que deberán quedar reflectidas nos traballos finalmente consignados. |