Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á profundización nos contidos da materia, baixo a vixilancia e seguemento da profesora. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. |
Presentación oral |
Ao longo das clases procurarase a interacción entre o alumnado e profesorado de modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos prácticos que realicen. Poderase requirir unha exposición do traballo tutelado na aula, co apoio dunha presentación multimedia de diapositivas. |
Sesión maxistral |
Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e/o prácticas necesarias para o desenvolvemento do traballo tutelado e traballos do portafolios. |