Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A3 A5 B2 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C6 C7 C10 C11 C15 Valorarase a adecuación dos documentos seleccionados para a realización da actividade proposta; a capacidade de identificación de contidos relevantes e de síntese; a aplicación dos coñecementos e habilidades adquiridas nesta materia; a capacidade de relacionar práctica e teoría para xustificar a análise realizada; a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, a coherencia, redacción e presentación. 30
Portafolios do alumno A3 A5 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C5 C6 C7 C10 C11 C12 C14 C15 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.
30
Proba mixta A3 A5 B1 B2 B6 B7 B8 C1 C10 C15 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías mencionadas a continuación: proba mixta, análise de fontes documentais e portafolios. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. 

Cando sexa necesario acordar un tema/documento sobre o que se traballará, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin. Cando se teña consignado unha práctica das metodoloxías portafolios ou análise de fontes documentais, as restantes entregas desa metodoloxía non entregadas nos prazos que se establezan cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración e dos traballos copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entregue ningún dos traballos do portafolios ou o traballo tutelado ou non se asista á proba mixta (exame)

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Para anos posteriores, na metodoloxía análise de fontes documentais, deben escollerse novos documentos. Será obrigatorio comunicar á profesora como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. De ser preciso acadar o consenso da profesora para algunha das tarefas, será obrigatorio ter consensuado o tema/documento sobre o que se traballará como mínimo un mes antes da data fixada para o examen pola Facultade de Humanidades. Para presentarse ao exame (proba mixta) será requisito imprescindible ter presentado previamente o portafolios e os traballos de análise de fontes documentais. 

ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo e de entregas para a a primeira oportunidade. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado.

Na segunda oportunidade, as datas de entrega límite serán as mesmas que para o resto do alumnado. O resto das condicións serán as mesmas que para os outros alumnos.