Prácticas a través de TIC |
Desenvolveranse clases prácticas mediante software estatístico, nas que se introducirá a súa programación e aplicación a partir de casos reais e simulados. |
Traballos tutelados |
Realizaranse traballos individuais e/ou en grupo, tutelados polos docentes da materia. Nestes traballos poderá abordarse a resolución de exercicios prácticos ou de casos de estudo específicos relacionados co ámbito da Informetría. Para tal fin, poderanse aplicar técnicas bibliométricas e, en xeral, estatísticas, utilizando software específico de análise cuantitativa coma é o paquete R, ademais da análise cualitativa. Tamén se poderá realizar un estudo de revisión acerca dun tema concreto da materia ou en relación ao software utilizado. Os traballos poderán ser propostos polos docentes ou polos propios alumnos (as propostas serán tidas en conta ou non sempre segundo o criterio do docente). |