Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño e Xestión de Sitios Web | Código | 710G04028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Ao remate do traballo tutelado, cada alumno realizará unha presentación oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do traballo tutelado, de forma que a súa cualificación pode aumentar ou diminuír. | 0 |
Traballos tutelados | A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliarase que o traballo realizado cumpre cos criterios descritos no enunciado. |
50 |
Prácticas a través de TIC | A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. | 50 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obrigatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a cualificación en función do resultado da exposición oral. É dicir, deberase obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5. Se non se obtén a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non superará o 4,5. Todo/a alumno/a que non realice a presentación oral do traballo tutelado terá a cualificación de NON PRESENTADO. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da exposición oral). Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha parte. DISPENSA ACADÉMICA Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, terán as mesmas condicións que o resto do alumnado aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases. OPORTUNIDADE ADIANTADA Utilizaranse criterios de segunda oportunidade. IMPLICACIÓNS DO PLAXIO A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |