Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valorarase a calidade das prácticas a partir da solución aportada polos estudantes e terase en conta a interacción entre os membros dos grupos.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
40
Traballos tutelados A1 A8 A10 A13 A19 A20 A22 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.

Nota mínima: 3/6.
60
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice os traballos tutelados.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes realizarase e presentarase en condicións similares ás da primeira oportunidade. Algunhas consideracións:

  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obrigatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha das partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado, pero poderán realizar as presentacións dos traballos fora do horario docente (en reunións pactadas co profesorado).

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.