Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
Presentación oral A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Calidade e orixinalidade do traballo realizado, coherencia co traballo tutelado realizado, correcto uso dos conceptos que son obxecto da materia, adecuación aos requisitos que se establezan, claridade no planteamento e estrutura, capacidade de síntese, correcta expresión oral e escrita.
40
Portafolios do alumno A17 A22 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C6 C7 Valorarase a calidade dos traballos realizados: adecuación ás pautas marcadas, contido, aplicación dos coñecementos adquiridos, resolución dos problemas, e entrega do traballo no prazo establecido.

Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obrigatorio obter:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) como media do traballo tutelado e do portalios. Ademáis, debe sacarse unha nota mínima do 40% da puntuación en cada unha destas metodoloxías.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na metodoloxía presentación oral.

De non obter estes mínimos, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados cos docentes previamente nos prazos que se indiquen.

Terán cualificación de NON PRESENTADO os estudante que non realice entregas en algunha das metodoloxías.

Os traballos copiados ou plaxiados serán cualificados cun 0.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións da avaliación mantéñense con respecto á primeira oportunidade. Gardaranse as notas dos traballos que resulten aprobados na primeira oportunidad, polo que os estudantes poderán recuperar só a parte ou partes que resultasen suspensas.

 Será obrigatorio acordar cos docentes previamente o tema dos traballos tutelados, se non se fixo durante o curso, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade.

Terán cualificación de NON PRESENTADO os estudantes que non presenten traballos en algunha das metodoloxías que precisen recuperación.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.