Sesión maxistral |
Utilizarase un método expositivo co fin de facilitar aos alumnos unha información adecuada sobre os coñecementos fundamentais relacionados cos diferentes temas. |
Seminario |
Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa dos alumnos. Valorarase a capacidade de análise e razoamento dos alumnos, profundando nos contados propios da materia. En canto ao traballo específico do alumno, exporanse preguntas de resposta curta para valorar tanto o nivel de aprendizaxe lograda como a capacidade de síntese; ademais, haberá preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia normalmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso, tamén poderá haber preguntas de opción múltiple. |
Solución de problemas |
Cuestións teóricas ou prácticas para resolver polo alumnado, que poderán exporse no contexto das sesións maxistrais, nos seminarios ou ben como traballo persoal do estudantado. Así mesmo, entregarase os resultados da resolución dos problemas teóricos ou prácticos expostos en formato dixital, mediante o campus virtual, do correo electrónico ou de calquera outro sistema indicado polo profesor. |