Proba mixta |
A2 A1 A3 A5 A7 A8 A11 B3 B4 B5 B6 B1 C1 C2 |
Consistirá na realización, na data oficialmente establecida, duha proba mixta presencial sobre os contidos da materia. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. Criterios de avaliación: coñecemento dos contidos teóricos, capacidade para aplicar os contidos teóricos a casos prácticos, nivel de consecución das competencias incluídas no programa da materia, capacidade de análise e síntese, extensión e precisión do vocabulario, corrección estilística e gramatical. |
40 |
A materia segue criterios de avaliación
continua; polo que a participación activa e con aproveitamento nas actividades
presenciais é obrigatoria para o alumnado con dedicación completa. Os criterios
de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación
incluíndo a convocatoria adiantada. A cualificación final da materia obterase
sumando a puntuación da parte práctica + a puntuación da proba mixta. Aínda que
esta materia, como se indicou, segue criterios de avaliación continua, os estudantes
que o desexen poderán renunciar á avaliación continua e terán dereito a optar
pola elección dun sistema de avaliación global, sempre dentro da mesma
oportunidade de avaliación. Esta avaliación global consistirá na realización
dunha proba mixta final sobre os contidos da materia á que se lle outorgará
unha puntuación máxima de 10 puntos e na que a puntuación mínima a obter para
superar a materia será de 5 puntos. Considerarase que se comenten prácticas
ilícitas cando un alumno actúa para defraudar ou tratar de defraudar ós
sistemas de comprobación e avaliación do rendemento académico, así como o
incumprimento das normas establecidas polo profesor para a realización de
traballos. Os traballos nos que se detecten prácticas ilícitas serán
cualificados con un 0. O uso de calquera axuda ou dispositivo no exame final
está totalmente prohibido; no caso de utilizar calquera soporte non permitido
quedará automaticamente suspenso, independentemente da nota do exame e outras
probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.)
penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario”.
|