Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A7 A10 A11 B2 B7 C4 O obradoiro constará dunha das seguintes opcións, segundo sinale o/a profesor/a durante a primeira semana de clases:
(i) 2 presentacións (unha por cada tema dos contidos) realizadas por un grupo de alumnos que presentan unha determinada materia segundo un documento proposto e unhas instrucións, seguidas dunha discusión ("caso práctico"). O alumnado recibirá ata 1 punto por cada presentación.
As presentacións dos obradoiros serán avaliadas cualitativamente. Os criterios de avaliación especificaranse nas clases.
(ii) Entrega dun ensaio seguindo as instrucións especificadas polo profesorado durante o curso.
20
Estudo de casos A7 A10 A11 B2 C4 Tras as presentacións dos obradoiros (ata 15 ao longo do curso), todo o alumnado deberá participar na discusión do tema e do documento propostos de forma individual. Os estudantes recibirán ata 4 puntos por esta participación, segundo o total de días de obradoiro/estudo de casos de cada curso.
A participación será avaliada cualitativamente. Os criterios de avaliación especificaranse nas clases.
40
Proba obxectiva A3 A7 A11 A proba obxectiva constará dunha das seguintes opcións, segundo sinale o/a profesor/a durante a primeira semana de clases:
(i) Exame escrito: un conxunto de preguntas para cada un dos dous primeiros temas do contido da materia. Cada pregunta refírese aproximadamente a unha subsección dos diferentes subtemas que compoñen cada tema. Os alumnos deben responder dúas preguntas para cada tema. Nalgúns casos, os estudantes poderán escoller entre varias preguntas propostas.
(ii) Proba periódica: consta de dúas probas diferentes (20% cada unha), unha para cada un dos dous bloques.
40
 
Observacións avaliación

Como aprobar o curso

Para aprobar a materia os alumnos deberán acadar 5 puntos. Non se require ningún mínimo nin para os obradoiros nin para a proba obxectiva.

O alumnado que curse a materia na modalidade de Avaliación Global (UVigo) será avaliado mediante un exame final (100%).

Plaxio ou fraude académico

O comportamento fraudulento do alumnado nas actividades de avaliación, e en particular o plaxio, dará lugar a unha cualificación de 0 (suspenso) na oportunidade correspondente.

Criterios de avaliación da 2a oportunidade

Na Universidade da Coruña, a segunda oportunidade consistirá en:

a) A proba obxectiva (40%) terá a mesma estrutura que na primeira oportunidade.

b) O obradoiro (20%) avaliarase mediante a entrega de dous traballos, un por cada tema do curso.

c) O estudo de casos (40%) avaliarase mediante unha breve discusión oral cos profesores de todos os obradoiros propostos para o curso, programada antes da data da proba obxectiva.

Na Universidade de Vigo, a segunda oportunidade consistirá en:

Convocatoria Segunda Oportunidade: As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico

Dedicación a tempo parcial e exención de asistencia a clase

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.