Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Docencia expositiva e orientativa sobre os contidos do programa. 1
Estudo de casos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 As actividades dirixidas consistirán, fundamentalmente, en actividades de simulación ou de rol, en traballos de investigación, de reflexión ou en casos prácticos, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais. 20
Proba obxectiva A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O exame será final e escrito. 40
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Conferencias y seminarios de especialidad en los que intervendrán especialistas en la temática de las actividades organizadas. 1
Proba de resposta breve A3 Contestación a preguntas tipo test. 20
Discusión dirixida A2 A1 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A9 A11 A12 B6 B7 B9 B11 B12 B13 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Discusión e reflexión sobre temas de actualidade da Sociedade internacional e do ordenamento xurídico internacional. 18
 
Observacións avaliación
Existen dúas modalidades de avaliación: continua e global. Se un membro do alumnado desexa optar polo modelo de avaliación global, deberá comunicar esta decisión ao profesorado da materia dentro do primeiro mes do curso. Enténdese que todo o alumnado que non o comunique ao profesorado optará pola avaliación continua, que se considera o modelo por defecto. O tipo de avaliación non pode cambiarse durante o cuadrimestre.

MODELO DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDAD): Para superar a materia, o alumnado deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous cuestionarios tipo test, así como asistir e participar nas clases prácticas. Con estas probas, poderase alcanzar un máximo de seis puntos. Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas. Ademais, ao final do cuadrimestre, o alumnado realizará un exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel mínimo esixido para a superación do exame final será de dous puntos. A cualificación das probas de avaliación continua sumarase á do exame final soamente se no exame final se alcanza unha nota igual ou superior a dous puntos.

MODELO DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDAD): A avaliación do alumnado que non siga o modelo de avaliación continua consistirá en dúas partes, cada unha das cales debe ser superada para aprobar a asignatura: (1) a realización dun exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que representará o 60% da cualificación final da materia; e (2) a realización dun exame práctico, que representará o 40% da cualificación final da materia. 

Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez puntos sobre dez.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas dúas oportunidades de exame.