Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A4 A7 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B6 B7 B8 B11 B1 B2 B3 B4 B5 C2 C7 Docencia expositiva e orientadora sobre os contidos do programa 1
Discusión dirixida A2 A1 A6 B2 B6 B7 B9 B11 B12 B14 B1 C7 Discusión e reflexión sobre temas de actualidade da Sociedade internacional 19
Estudo de casos A3 C4 C8 Casos prácticos para cuxa elaboración ou resolución o alumnado contará coas orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais 20
Proba de resposta breve A3 Contestación a preguntas tipo test 20
Proba obxectiva A1 A3 A6 B2 Desenvolvemento de cuestións baseadas en epígrafes do programa da materia 40
 
Observacións avaliación

Existen
dúas modalidades de avaliación: continua e global. Se un membro do alumnado desexa optar polo modelo de avaliación global, deberá comunicar esta decisión ao profesorado da materia no primeiro mes do curso. Enténdese que todo o alumnado que non o comunique ao profesorado optará pola avaliación continua, que se considera o modelo por defecto. O tipo de avaliación non pode cambiarse durante o cuadrimestre.



MODELO
DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDADE): Para superar a materia, o alumnado
deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous cuestionarios tipo test, e
asistir e participar nas clases prácticas. Con estas probas, poderase alcanzar
un máximo de seis puntos. Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas.
Ademais, ao final do cuadrimestre, o alumnado realizará un exame escrito de
preguntas de desenvolvemento, que puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel
mínimo esixido para a superación do exame final será de dous puntos. A cualificación
das probas de avaliación continua sumarase á do exame final soamente se no
exame final alcánzase unha nota igual ou superior a dous puntos.



MODELO
DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDADE): A avaliación do alumnado que non siga o
modelo de avaliación continua consistirá en dúas partes que deben ser superadas cada unha para aprobar a materia: (1) a realización dun
exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que representará o 60% da
cualificación final da materia; e (2) a realización dun exame práctico, que representará o 40% da cualificación
final da materia.



Polo
que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será
similar ao da primeira oportunidade.



Para
o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os
contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez puntos sobre dez.



A
realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas dúas
oportunidades de exame.