Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Introducción a asignatura onde o/a profesor/a explica ao estudantado o desenvolvemento do programa, as ferramentas básicas para medir a actividade económica, as fontes estadísticas a ser usadas durante o curso así como as lecturas recomendadas e os requerimentos para a avaliación continua.
Sesión maxistral Utilizarase un método expositivo co o fin de facilitar ao alumnado unha información adecuada sobre os coñecementos fundamentais relacionados cos diferentes temas.
Seminario Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa do alumnado. Valorarase a capacidade de análise e razoamento dos alumnos, profundizando nos contidos propios da asignatura. En canto o traballo específico do alumnado, plantearanse preguntas de resposta curta para valorar tanto o nivel de aprendizaxe logrado como a capacidade de síntese; ademais, haberá preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia normalmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso, tamén poderá haber preguntas de opción múltiple.
Solución de problemas Proba sobre coñecementos e habilidades teórico-prácticos adquiridos sobre o mundo e as economías españolas.
Proba obxectiva Proba escrita sobre os coñecementos e habilidades teórico-prácticos adquiridos sobre o mundo e a economía española.