Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Estranxeiro III: Alemán | Código | 710G05021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |
Traballos tutelados | As clases de idioma non distinguen nunca de modo estrito entre sesións teóricas e sesións prácticas; no entanto, durante as sesións teóricas incidirase máis na explicación gramatical do idioma e traballarase na aula cos alumnos para practicar dita parte gramatical, mentres que nas sesións prácticas se incidirá na práctica oral, a adquisición de vocabulario e os temas culturais. Todo iso implica traballo realizado na aula baixo diversas formas. |
Solución de problemas | Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou regras, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral. |
Proba obxectiva | Proba na que se avalían os coñecementos adquiridos polo alumno. |
Actividades iniciais | Na primeira sesión de clase explicarase o programa docente, a bibliografía e ferramentas de información e comunicación e o sistema de avaliación. Proporcionarase toda a información necesaria para seguir adecuadamente o curso e superar a materia. |