Sesión maxistral |
Sesión expositiva con interactividade combinada. Exposición oral complementada con medios audiovisuais e preguntas dirixidas aos estudantes, para transmitir coñecementos e facilitar o aprendizaxe. Serán explicados mediante sesións maxistrais os temas: 1. Metodoloxía e fontes, 2. Teorías migratorias, 3. Causas e consecuencias das migracións, 4. Migración e xénero, 5. Migracións forzadas. |
Estudo de casos |
Estudo de casos migratorios para: incentivar os razoamentos indutivos e dedutivos, establecer hipóteses, refutar paradigmas, confirmar teorías, propor solucións... Analízanse casos que han de ser comprendidos, avaliados e resoltos a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo a partir de informes individuais a modo de “expertos”. O estudo de casos aplicarase sobre de todo aos temas: 6. Mapa da emigración: análise de casos, 7. Mapa da inmigración: análise de casos, 8. Globalización e codesenvolvemento. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas con series estatísticas, material cartográfico e medios audiovisuais, para aplicar de forma efectiva as tecnoloxías da información e as comunicacións á análise de fluxos migratorios. As prácticas con TIC aplicaranse sobre de todo aos temas: 1. Metodoloxía e fontes, 3. Causas e consecuencias das migracións. |
Análise de fontes documentais |
Introdución a documentos estatísticos, cartográficos e audiovisuais relevantes para a análise xeo-demográfica, como instrumentos de aplicación ao estudo de casos ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Esta metodoloxía combinarase coas sesións maxistrais nos temas: 1. Metodoloxía e fontes, 4. Migración e xénero, 5. Migracións forzadas. |