Sesión maxistral |
Desenvolvemento das unidades en clase presencial mediante o apoio de presentacións que se porán a disposición dos alumnos ao remate de cada unha das unidades. Todo o material exposto baséase no traballo de investigación do profesor responsable da materia. |
Traballos tutelados |
Respostas progresivas e supervisadas aos exercicios de control incluídos ao final de cada unidade previamente facilitadas ao alumnado xunto coas presentacións complementarias das unidades. |
Análise de fontes documentais |
Lectura, análise e comentario de textos orixinais dos autores e/ou modelos de pensamento político examinados co alumnado sobre o tema. No caso de textos que non foron escritos orixinalmente en inglés, na medida do posible, o alumnado tamén tentará traballar con versións orixinais dos textos para familiarizarse, polo menos, coa terminoloxía orixinal. |