Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Tecnoloxías de Información para o Almacenamento, Xestión e Análise de Datos | Código | 710G05033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 | Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. | 50 |
Traballos tutelados | A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 | Avaliarase que o traballo realizado cumpre cos criterios descritos no enunciado. |
0 |
Presentación oral | A1 A7 A8 A10 B2 B5 B7 C3 C6 | Ao remate do traballo tutelado, cada alumno realizará unha presentación oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do traballo tutelado, de forma que a súa cualificación pode aumentar ou diminuír. | 50 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obrigatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a cualificación en función do resultado da exposición oral. É dicir, deberase obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5. Se non se obtén a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non superará o 4,5. Todo/a alumno/a que non realice a presentación oral do traballo tutelado terá a cualificación de NON PRESENTADO. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da exposición oral). Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que opte por non recuperar ningunha parte. DISPENSA ACADÉMICA Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, terán as mesmas condicións que o resto do alumnado aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases. OPORTUNIDADE ADIANTADA Utilizaranse criterios de segunda oportunidade. IMPLICACIÓNS DO PLAXIO A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso e a nota numérica de 0 na materia na oportunidade correspondente, mantendo as cualificacións das outras actividades para a seguinte oportunidade. |