Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Estranxeiro I: Francés | Código | 710G05049 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Simulación | A2 A1 A7 B2 B3 B11 B1 C2 | Simulacións que poñan en práctica as competencias de expresión orais. |
10 |
Proba de resposta múltiple | A2 A1 A7 B8 C2 | Probas que avalían as diferentes competencias orais e escritas postas en práctica na aula. |
50 |
Prácticas de laboratorio | A2 A1 A7 A10 B3 B4 B7 B8 C2 | Actividades, exercicios diversos a resolver na aula ou na casa para entregar. Resolución de problemas: tarefas de comprensión ou expresión escrita ou oral a entregar. |
40 |
Observacións avaliación | |||
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de 1. Na primeira oportunidade, os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse da avaliación continua (con máis de 5 Le français des relations internacionales et européennes, Objectif Diplomatie 1, ed. Hachette, nouvelle édition, 2017. A avaliación continua inclúe un control a mediados do cuatrimestre e outro final o último día de clase (total: 50% da nota Os alumnos que non aproben durante o curso poderán presentarse ao examen final en primeira convocatoria previsto pola 2. Avaliación da segunda oportunidade: De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade. A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade. 3. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita e unha proba oral. Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6. 4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP de non terse presentado a ningunha das probas de avaliación (escrita e oral). 5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica, previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora, pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades de avaliación continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no apartado 1. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes. Seranlle de aplicación as demáis metodoloxías avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do alumnado. Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2. 6. Os traballos académicos (entendendo por tal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación) deberán ser de elaboración individual (agás indicación expresa da profesora) e persoal. A realización fraudulenta ou irregular das probas e/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías avaliables. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). 7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC. Segundo as distintas normativas que regulan as ensinanzas universitarias, cómpre incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde a perspectiva de xénero e o fomento da participación de todo o alumnado na clase, independentemente do seu xénero. Prestaremos especial atención en identificar e abordar os prexuízos e as actitudes sexistas. Traballaremos activamente para cambiar este entorno e promover valores de respecto e igualdade. Os nosos esforzos centraranse na detección de casos de discriminación de xénero e na posta en marcha das accións oportunas para corrixir estes casos. |