Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 B1 B2 B3 B5 C2 C3 C4 C7 C12 C13 O exame da materia, que poderá ser oral ou escrito 60
Traballos tutelados A3 B1 B2 B3 B5 C2 C3 C4 C7 C12 C13 Entregaranse, baixo demanda do profesosr, os problemas/traballos requeridos que se propoñan ao longo do curso. A realización e entrega dos problemas/traballos será obrigatoria e será calificable de cara á nota final. 40
 
Observacións avaliación
A calificación final da materia responderá ás ponderacións sinaladas na tabela anterior. No caso dos alumnos que non teñan entregado os traballos tutelados na forma e prazo sinalados para a primerira oportunidade, a calificación dos traballos tutelados na segunda oportunidade será de cero.
Para aprobar a asignatura é necesario obter unha nota superior a catro sobre 10 no exame. Ademais é obrigatorio presentar os traballos demandados polo profesor en forma e prazo. En caso de que
TODOS E CADA UN dos traballos non sexan presentados na forma e prazo requeridos o alumno perderá a posibilidade de superar a materia na primeira oportunidade.

Non se puntúa a asistencia ás clases presenciais, polo tanto, non haberá diferencia algunha entre os alumnos a tempo parcial e os alumnos a tempo total. Todos eles terán os mesmos requisitos para aprobar a materia. O mesmo é aplicable ós alumnos con "dispensa académica".

A convocatoria adiantada calificarase cun exame e para superar a materia deberase obter una calificación superior a 5 sobre 10.

A calificación na convocatoria de Xullo obterase do mesmo xeito que na ordinaria.